Acerca de nós
Aquí unhas palabriñas de nós.
Historia da entidade: A Asociación Antonio Noite é unha asociación sen ánimo de lucro que iniciou as súas actividades no ano 1988, co obxectivo de desenvolver e potenciar a prevención das condutas adictivas, centrándose na asistencia xurídica ás persoas afectadas e facilitando a súa rehabilitación e inserción social e laboral. Ao longo de todos estes anos, a asociación foi ampliando o seu ámbito de actuación a diversas causas sociais, desenvolvendo especialmente proxectos dirixidos á peroas que se atopan en situación de vulnerabilidade, en moitos casos severa. Actualmente, Antonio Noche actúa tanto en zonas rurais como en zonas urbanas acompañando e facilitando na creación de oportunidades laborais e de vida. Os proxectos de Antonio Noche baséanse na innovación, na creatividade e sobre todo na cooperación.
Misión: Temos como misión promover a integración e participación na nosa sociedade de colectivos vulnerables ou en risco de exclusión. Buscamos unha mellora na calidade de vida das persoas facilitando o acceso aos recursos baixo os preceptos de igualdade de oportunidades, colaborando na construción dunha sociedade máis xusta e permitindo a participación activa de todos os membros da nosa sociedade e particularmente do voluntariado, a través de accións de intervención, formación e sensibilización social.
Visión: Pretendemos ser un recurso de incorporación que facilite a integración social proporcionando accións eficientes e innovadoras de inclusión e cooperación, asumindo un papel activo na transformación social para construír unha sociedade máis cohesionada, comprometida co desenvolvemento sostible e equitativa desde o recoñecemento da súa diversidade. Queremos unha sociedade na que as persoas poidan influír nas decisións que afectan as súas vidas, gozar dos seus dereitos e asumir as súas responsabilidades, onde todos os seres humanos sexan valorados e tratados con equidade.
Valores: Compromiso Social. Alto compromiso de transformación social coa cidadanía en xeral, coas persoas destinatarias e as súas familias en xeral e coas persoas máis vulnerables e desfavorecidas en especial. Participaci ón: Cremos na participación como dereito e como valor diferencial na consecución dos obxectivos comúns e por iso promovemos a democracia interna e anima á vinculación da cidadanía coa causa social do movemento asociativo. Adaptaci ón: adaptamos de maneira continua ás necesidades sociais, aos fenómenos emerxentes e ás novas demandas das persoas destinatarias para ofrecer respostas efectivas e estar á vangarda da intervención. Cooperación: Temos unha ampla cultura de traballo en rede e cremos na cooperación con outros axentes públicos e privados do sector e da contorna, ao servizo do ben común. Compromiso coa igualdade. de dereitos e a non discriminación por razón de sexo, orixe racial ou étnica, relixión ou crenzas, orientación sexual, identidade de xénero, discapacidade, ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social. Independencia. Xestionando o noso traballo, recursos e relacións con total independencia.
Recoñecementos: Medalla de prata ao mérito social penal. Ministerio de interior. Ministerio de interior.2008 Premio Nécora de Ouro. Fundación Galega contra o narcotráfico. 2014.
Outros programas da entidade: BRÚXULA. Programa de atención psicosocial e socioeducativa a menores da DEPUTACIÓN DA CORUÑA. Programa de Atención Xurídica Social, da CONSELLERÍA DE SANIDADE. XUNTA GALICIA. Programa Puente Extendido del MINISTERIO INTERIOR. Programa Erradicación do Chabolismo e Antonio Noche LAB, ambos do CONCELLO DA CORUÑA. Programa PDIP: Violencia Infancia. Actuación en materia de prevención, protección e fomento dos dereitos da infancia e Programa de Mediación Xuvenil e Programa de Mediación pre y post sentencial no ámbito da xustiza penal xuvenil, ambos programas da CONSELLERIÍA POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE. XUNTA GALICIA.
PROGRAMA BRÚXULA: PROGRAMA DE ATENCIÓN PSICOSOCIAL E SOCIOEDUCATIVA A MENORES
Cofinanciado pola DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE A CORUÑA
FOAXE-P (Exp.:2024000050253) convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o investimento de servizos sociais no ano 2025. Importe: 14.304,00€. Importe total do proxecto: 17.893,42€. coeficiente de financiamento: 0,7994%
O programa BRÚXULA contempla as seguintes actuacións:
- Asesoramento psicolóxico para atender as persoas menores e ás súas familias.
- Actividades de prevención de condutas aditivas para adolescentes.
- Actividades de prevención de condutas aditivas en Institutos de Educación Secundaria Obrigatoria.
- Actividades de fomento da Igualdade de Xénero. Igualdade de oportunidades e prevención de vio lencia de xénero en Institutos de Educación Secundaria Obrigatoria.
- Actividades de prevencion de violencia de xénero e sensibilización sobre igualdade.
- Escola de nais e pais
- Actividades deportivas para a prevención de condutas aditivas.
As persoas destinatarias do programa son familias en risco de exclusión social, vítimas de violencia de xénero e persoas inmigrantes. Darase unha atención integral e individualizada para a obtención dos ob xectivos así como realización de talleres e actividades dinámicas e participativas. Todas encamiñadas a mellorar a situación das persoas participantes e conseguir e prestar atención psicosocial e ofrecer inter vención socioeducativa a menores en situación de risco ou conflicto social.
Obxectivo xeral:
Ofrecer e dotar ás persoas participantes de ferramentas e habilidades necesarias para enfrontarse ás situacións de conflito e promover condutas positivas que faciliten unha relación e comunicación normalizada, afianzando os vínculos afectivos. Desenvolver no e na menor condutas e habilidades de comunicación e relacións asertivas que faciliten comportamentos solidarios e respectuosos co seu entorno, permitindo a súa integración e promover nas familias estilos educativos adecuados. Integrar actuacións previstas no programa dentro da rede de recursos da zona.
Obxectivos específicos:
Ofrecer asesoramento psicolóxico, asistencia social, prever condutas aditivas con e sen sustancia, prever violencia de xénero e fomentar a igualdade. Formar en igualdade e fomentar a sensibilización e a igualdade de oportunidades así como a interculturalidade. Formar, orientar, asesorar e acompañar ás familias a través da escola de nais e pais. Mellorar a autoestima e os hábitos saudables. Prever condutas e trastornos da conduta alimentaria. Ofrecer un recurso de formación prelaboral para o emprego de adolescentes que xa non que ren seguir estudando Ensinar un uso responsable das TICS. Traballar coordinadamente cos servizos sociais comunitarios e outras entidades sociais.
Programas do Fondo Social Europeo
Estes programas desenvólvense ao amparo da ORDE do 27 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades privadas de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2023 a 2025, cofinanciada parcialmente pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS631A)..
BAOBAB GALEGO INICIACIÓN
BAOBAB GALEGO CELGA
BAOBAB ESPAÑOL INICIACIÓN
BAOBAB ESPAÑOL AVANZADO
ESA SOCIAL
ESA COMUNICACIÓN
ESA CIENTÍFICO
BRÚXULA COMPETENCIAS CLAVE
BRÚXULA COMPETENCIAS CLAVE ALFABETIZACIÓN
CONECTADOS GRUPO I Y II
COMPARTE I Y II
BRÚXULA ORIENTACIÓN INFORMACIÓN RECURSOS BÁSICOS
LABORA SOCIAL
PROGRAMA CONFÍO
RUEIRO
VIVENDA
Galería
Algúns momentos da nosa xente.
O noso equipo
Os que traballamos na Asociación Antonio Noche.
Contacto
Escríbenos. Responderémosche o antes posible.
Avda. Monelos 141, Baixo - 15009 - A Coruña (A Coruña)
info@antonionoche.org
+34 981 134 177








